jueves, 30 de noviembre de 2017

OS ALUMNOS DE 5º CONCIENCIADOS COA SEQUÍA

Moi bos días:
Como sabedes, en Vigo e, polo xeral en toda Galicia e
 Península Ibérica, estamos a sofrir unha seca terrible 
 correndo o risco de quedar sen auga para o consumo 
nas nosas casas.
Falando desta situación nas nosas clases de Ciencias 
 Naturais, pareceunos convinte plantexar unhas  
RECOMENDACIÓNS para ter en conta e, dese xeito, 
facer un uso máis responsable da auga.
  •          Usa a ducha en lugar da bañeira. Empregarás a cuarta parte da auga.
  •          Usa o sistema de aforro da túa cisterna, xa sabes, o botonciño pequeno.
  •          Enche ben o lavalouza e a lavadora para non desperdiciar nin auga nin enerxía.
  •          Revisa posibles fugas na túa instalación e pecha a chave antes de sair de viaxe.
  •          Non deixes correr a auga ao lavar os dentes. Usa o vaso e pecha a billa.
  •          Non regues o xardín e evita no posible lavar o  coche mentres se manteña a seca.
  •          Comproba as billas despois de cada uso, así aforras ata 30 litros ao día.   

Si colaborades con nós e cumprides estas normas nas vosas casas
 e, ao mesmo tempo conseguides que as vosas familias tamén
 o fagan, estaremos en condicións de asegurar que nós aportamos
 o noso pequeno granciño de area para que no futuro 
poidamos desfrutar  dun planeta máis sustentable.

A           A  aula de 5º do CEIP P. Ría de Vigo davos moitas grazas
               por adiantado pola vosa implicación nesta causa.




viernes, 17 de noviembre de 2017

PREPARATIVOS DO COMEDOR

O alumnado de 3º e 4º foi encargouse da decoración do comedor co motivo do DÍA DE EEUU.Traballaron moi duro e con moito enstusiasmo. 
MIRADE!