domingo, 23 de abril de 2017

ACTIVIDADE "ENTRE CULTURAS"





NON TODOS VIVEN COMO NÓS


Na aula de 6º curso, a raíz do estudo, durante a celebración do Día da Muller, da figura da activista xordana Asma Khader, pensamos que podería ser moi convinte ampliar esta experiencia abarcando diferentes lugares do mundo. Temos a sorte que Sandrine, a nai dun dos nosos compañeiros (Mario), é colaboradora internacional con diferentes ONGs desenvolvendo a súa faceta en diversos países como Colombia, Bangla Desh, Nigeria, Costa de Marfil, Congo, Rwanda,… Partindo desta situación, que mellor que pedir a Sandrine que nos acompañara no cole para falarnos de como viven as mulleres e as nenas e nenos nestes territorios.

Así, o 24 de marzo, Sandrine chegou a primeira hora ao colexio cargada de experiencias e imaxes que ilustraban a situación na que, por desgraza vive a gran maioria de nenas e nenos que viven neses países. Moita da información que nos deu Sandrine foi moi impactante para nós. Dificilmente poderemos esquecernos do rostro de tristeza de moitos nenos da nosa idade portando fusís entre as súas mans, unha nena tamén da nosa idade que estaba embarazada asistindo ás clases debaixo dunha árbore no medio da sábana, os nenos marcados nas súas pernas con cicatrices como se fai aquí cos cabalos nos curros de Galicia,a Universidade de Goma (Capital da República do Congo) que máis ben parecía as ruínas dunha nave industrial abandonada… incluso nos comentou como moitos dos nenos que saian nas fotografías foran raptados ás suas familias para pertenecer ás guerrillas e mesmo obrigados a matar á súa nai e ao seu pai. Xa o sabiamos, pero ela nos confirmou como as mulleres e nenas eran obrigadas a casarse con homes moito maiores que elas e sen coñecelos previamente e como moitas eran maltratadas a través de abusos físicos e sexuais. Ao igual que Asma Khader, Sandrine opina que o mellor que podía pasar para solucionar esta situación era mellorar a educación nestas comunidades. Moitísimas grazas Sandrine.
Por outro lado , enterámosnos que un tío dunha alumna do colexio era delegado da ONG Entreculturas. Despois de falar con él, concertamos una actividade na que nos  ía plantexar experiencias para entender de mellor xeito o que está acontecendo nestes últimos anos en Siria. A nosa gran sorpresa fo cando, ao chegar o día da actividade, Jose (o delegado de Entreculturas) apareceu acompañado doutra persoa. Tratábase de Foad Alawi, médico de orixe siria que leva varios anos afincado en Galicia. Para nós, foi toso un luxo coñecer a realidade dese país en boca de Foad, xa que nos relatou a vida en Siria a través de testimonios recollidos dos seus familiares e amigos que, a día de hoxe, siguen residindo na cidade de Alepo. Tivemos oportunidade de ver algún video no que se recollía as vivencias dunha nena durante o proceso de fuxida do seu país

relatando a crudeza de vivir fuxida do seu país vagando dun lugar a outro sin entender como chegou a esa situación, puidemos ver fotografías da cidade de Alepo antes do inicio da guerra (víase una cidade como pode ser hoxe Vigo, coas súas grandes rúas, os seus bonitos edificios, luxosos hoteis,… ) comparándoas con fotografías das mesmas localizacións tomadas a día de hoxe nas que mesmo se observan barricadas nas rúas feitas con tres autobuses colocados verticalmente e apoiados sobre a parte traseira dos mesmos,…   Foron moitas as situación ás que nos achegaron e que nos resultaron moi difíciles de entender e do cal quedamos moi agradecidos. 
Moitísimas grazas Foad por abrirnos as portas da realidade do teu país e moitísimas grazas Jose por facernos chegar ata esas portas.




miércoles, 5 de abril de 2017

Síguenos a visitar BRONCE

BRONCE, sigue facendo visitas ao noso cole. Esta vez aos cursos de 3ºA e 4º de E. Primaria. Mirade que ben se portan.









A Reconquistiña



O alumnado de 3º e 4º participou na RECONQUISTIÑA de Vigo. Se queredes saber que ben o pasaron visita o blogue de galego.