martes, 14 de febrero de 2017

APRENDENDO A SER CIENTÍFICOS

O alumnado de 4º de primaria recibiu a visita na aula da nai dunha nena, Sabela.
Co gallo de que estaban a impartir as bacterias, os fungos...esta nai provista dun microscopio veu mostrarlle distintas bacterias, protozoos, paramecios.
A experiencia resultou do máis interesante pois eles ficaban espantados ao ver algo da súa boca alí plasmado, algo que estaba na súa man,...Sobre todo lles chamaba a atención como se agrandaba, como ía medrando...Para iso dispúxose de dúas sesións de aula e o alumnado ía acudindo a unha aula adxacente á súa. Ao iren así de poucos en poucos podían aproveitar mellor a actividade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada