sábado, 2 de diciembre de 2017

Misión cumplida

http://quehacerenvigo.es/dia-internacional-de-las-personas-con-discapacidad-vigo/Todo o alumnado participou na decoración do paraugas para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE. 
Mirade como traballaron.







VISITA DO CENTRO JUAN MARÍA

O pasado venres o alumnado do "Centro Juan María" visitou a clase de 4ºA. Diego García , o noso compañeiro , que flexibiliza tamén co noso cole, quiso presentarnos aos seus compañeiros: Nati, Lucas, María, Sara, Zaira e as súas profes Isa e Pilar. 

Tamén encargounos unha misión : co motivo do DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE ,o 3 de decembro ,deberíamos decorar un paraugas verde.



jueves, 30 de noviembre de 2017

OS ALUMNOS DE 5º CONCIENCIADOS COA SEQUÍA

Moi bos días:
Como sabedes, en Vigo e, polo xeral en toda Galicia e
 Península Ibérica, estamos a sofrir unha seca terrible 
 correndo o risco de quedar sen auga para o consumo 
nas nosas casas.
Falando desta situación nas nosas clases de Ciencias 
 Naturais, pareceunos convinte plantexar unhas  
RECOMENDACIÓNS para ter en conta e, dese xeito, 
facer un uso máis responsable da auga.
  •          Usa a ducha en lugar da bañeira. Empregarás a cuarta parte da auga.
  •          Usa o sistema de aforro da túa cisterna, xa sabes, o botonciño pequeno.
  •          Enche ben o lavalouza e a lavadora para non desperdiciar nin auga nin enerxía.
  •          Revisa posibles fugas na túa instalación e pecha a chave antes de sair de viaxe.
  •          Non deixes correr a auga ao lavar os dentes. Usa o vaso e pecha a billa.
  •          Non regues o xardín e evita no posible lavar o  coche mentres se manteña a seca.
  •          Comproba as billas despois de cada uso, así aforras ata 30 litros ao día.   

Si colaborades con nós e cumprides estas normas nas vosas casas
 e, ao mesmo tempo conseguides que as vosas familias tamén
 o fagan, estaremos en condicións de asegurar que nós aportamos
 o noso pequeno granciño de area para que no futuro 
poidamos desfrutar  dun planeta máis sustentable.

A           A  aula de 5º do CEIP P. Ría de Vigo davos moitas grazas
               por adiantado pola vosa implicación nesta causa.




viernes, 17 de noviembre de 2017

PREPARATIVOS DO COMEDOR

O alumnado de 3º e 4º foi encargouse da decoración do comedor co motivo do DÍA DE EEUU.Traballaron moi duro e con moito enstusiasmo. 
MIRADE!
 

miércoles, 27 de septiembre de 2017

ESCOLA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN CULTURAL "LIRA" DE SAN MIGUEL DE OIA

Apúntate xa! 
Xa está aberta aberta a nova matrícula para o curso 2017/ 2018! Non esperes máis!
TLF: 619 81 91 52
E para que vos entre no corpo o "formiguillo musical", aquí vos deixamos a alumnado e ex-alumnado do cole unido pola mesma paixón durante unha soberbia actuación en Liñares!
Parabéns!

BANDA XUVENIL SAN MIGUEL DE OIA on PhotoPeach  



E... aínda hai máis...! o venres 15 de setembro escoitamos no cole un concerto didáctico a cargo dalgúns compoñentes e mestres e mestras da Escola de Música "Lira" de San Miguel de Oia. 
Tocaron música de bandas sonoras de películas, interpretaron un conto musical titulado "As clases de tuba" e para rematar bailamos un pouco! 
Así que se queredes que a música forme parte das vosas vidas... non o pensedes máis e APUNTÁDEVOS XA!

 ESCOLA DE MÚSICA "LIRA" DE SAN MIGUEL DE OIA on PhotoPeach

domingo, 28 de mayo de 2017

RECREANDO

O alumnado de 5º de E.Primaria encárgase de organizar os recreos. Esta semana axudaron e colaboraron no recreo de infantil. Son moi agradecidos e o pasan fenomenal. Mirade o vídeo

ANDAINA A CABO ESTAI

O alumnado de 2º curso aproveitou o bo tempo para realizar xunto co seu mestre  Dani unha andaina ata o Faro de Cabo Estai!
ANDAINA A CABO ESTAI on PhotoPeach

domingo, 14 de mayo de 2017

Visita do pai de Luis a 4º de E.Primaria

Hoxe o pai de LUIS visitou a aula de 4º de E. Primaria para ensinarlles o tema das máquinas- Púxolles un PPT e ensinoulles a diferenza entre máquinas simples e complexas. Por grupos experimentaron con elas. mediron o grosor de diversos materiais escolares, tomaron apuntes e fixeron debuxos...
 Mirade no vídeo como disfrutaron.
 

domingo, 7 de mayo de 2017

A guerra das galaxias no Ría de Vigo

En inglés, May the fourth (4 de maio) soa igual que "May the Force..." ("Que la Fuerza..."). Por iso, os fans de todo o mundo celebran o 4 de maio como o Día de Star Wars. E no Ría de Vigo tamén temos a uns seguidores desta saga e nos mostraron a súa paisón.
Mirade!


ACTIVIDADE DE RECICLAXE


O alumnado de 2º, 3º e 4º curso de E.Primaria participaron na actividade de reciclaxe con Dinoseto e Dinosetiño que ensinaronlles a facer un bo uso cos materiais de refugallo e aprenderon a botar cada material no contenedor correcto.
Mirade que ben o fixeron. Tamén recibiron de agasallos unha bolsa chea de recordos de Dinoseto.

domingo, 23 de abril de 2017

ACTIVIDADE "ENTRE CULTURAS"





NON TODOS VIVEN COMO NÓS


Na aula de 6º curso, a raíz do estudo, durante a celebración do Día da Muller, da figura da activista xordana Asma Khader, pensamos que podería ser moi convinte ampliar esta experiencia abarcando diferentes lugares do mundo. Temos a sorte que Sandrine, a nai dun dos nosos compañeiros (Mario), é colaboradora internacional con diferentes ONGs desenvolvendo a súa faceta en diversos países como Colombia, Bangla Desh, Nigeria, Costa de Marfil, Congo, Rwanda,… Partindo desta situación, que mellor que pedir a Sandrine que nos acompañara no cole para falarnos de como viven as mulleres e as nenas e nenos nestes territorios.

Así, o 24 de marzo, Sandrine chegou a primeira hora ao colexio cargada de experiencias e imaxes que ilustraban a situación na que, por desgraza vive a gran maioria de nenas e nenos que viven neses países. Moita da información que nos deu Sandrine foi moi impactante para nós. Dificilmente poderemos esquecernos do rostro de tristeza de moitos nenos da nosa idade portando fusís entre as súas mans, unha nena tamén da nosa idade que estaba embarazada asistindo ás clases debaixo dunha árbore no medio da sábana, os nenos marcados nas súas pernas con cicatrices como se fai aquí cos cabalos nos curros de Galicia,a Universidade de Goma (Capital da República do Congo) que máis ben parecía as ruínas dunha nave industrial abandonada… incluso nos comentou como moitos dos nenos que saian nas fotografías foran raptados ás suas familias para pertenecer ás guerrillas e mesmo obrigados a matar á súa nai e ao seu pai. Xa o sabiamos, pero ela nos confirmou como as mulleres e nenas eran obrigadas a casarse con homes moito maiores que elas e sen coñecelos previamente e como moitas eran maltratadas a través de abusos físicos e sexuais. Ao igual que Asma Khader, Sandrine opina que o mellor que podía pasar para solucionar esta situación era mellorar a educación nestas comunidades. Moitísimas grazas Sandrine.
Por outro lado , enterámosnos que un tío dunha alumna do colexio era delegado da ONG Entreculturas. Despois de falar con él, concertamos una actividade na que nos  ía plantexar experiencias para entender de mellor xeito o que está acontecendo nestes últimos anos en Siria. A nosa gran sorpresa fo cando, ao chegar o día da actividade, Jose (o delegado de Entreculturas) apareceu acompañado doutra persoa. Tratábase de Foad Alawi, médico de orixe siria que leva varios anos afincado en Galicia. Para nós, foi toso un luxo coñecer a realidade dese país en boca de Foad, xa que nos relatou a vida en Siria a través de testimonios recollidos dos seus familiares e amigos que, a día de hoxe, siguen residindo na cidade de Alepo. Tivemos oportunidade de ver algún video no que se recollía as vivencias dunha nena durante o proceso de fuxida do seu país

relatando a crudeza de vivir fuxida do seu país vagando dun lugar a outro sin entender como chegou a esa situación, puidemos ver fotografías da cidade de Alepo antes do inicio da guerra (víase una cidade como pode ser hoxe Vigo, coas súas grandes rúas, os seus bonitos edificios, luxosos hoteis,… ) comparándoas con fotografías das mesmas localizacións tomadas a día de hoxe nas que mesmo se observan barricadas nas rúas feitas con tres autobuses colocados verticalmente e apoiados sobre a parte traseira dos mesmos,…   Foron moitas as situación ás que nos achegaron e que nos resultaron moi difíciles de entender e do cal quedamos moi agradecidos. 
Moitísimas grazas Foad por abrirnos as portas da realidade do teu país e moitísimas grazas Jose por facernos chegar ata esas portas.




miércoles, 5 de abril de 2017

Síguenos a visitar BRONCE

BRONCE, sigue facendo visitas ao noso cole. Esta vez aos cursos de 3ºA e 4º de E. Primaria. Mirade que ben se portan.









A Reconquistiña



O alumnado de 3º e 4º participou na RECONQUISTIÑA de Vigo. Se queredes saber que ben o pasaron visita o blogue de galego.


domingo, 5 de marzo de 2017

ENTROIDO 17



Este ano, o entroido estivo adicado as SETE MARABILLAS. Se queredes ver o ben  que o pasamos, mirade a seguinte presentación.







ENTROIDO 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker



Podedes visitar o blog da Anpa, o de Educación Infantil e o da Biblioteca se queredes ver mais fotos do ENTROIDO.

martes, 21 de febrero de 2017

Escola nas ondas


ESCOLA NAS ONDAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


O alumnado de sexto participou no programa de "Ponte nas Ondas" que esta vez lles ofreceu nas  aulas un curso de audio-radio co programa auda-city no que o alumnado pudo practicar dicción, entoación e  interpretación... O alumnado asistiu con moita ilusión así como o seu mestre  guiados pola man do profesor que lles impartía o cursiño, Damián. 

lunes, 20 de febrero de 2017

CARREIRA SAN MIGUEL

Un ano mais os alumnos do Ceip Ría de Vigo participaron na Carreira de San Miguel de Oia. A pesar do día chuvioso, divertíronse moito. E sobre todo, e o mais importante,disfrutaron xuntos.
 Noraboa!!


OS GUERREIROS DE TERRACOTA EN PRIMARIA


TERRACOTA PRIMARIA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Por fin, xa fixemos a visita aos GUERREIROS DE TERRACOTA. Foi impresionante. Os alumnos quedaron abraiados con toda a historia. Mirade o video e poderedes comprobar que ben o pasamos.

martes, 14 de febrero de 2017

APRENDENDO A SER CIENTÍFICOS

O alumnado de 4º de primaria recibiu a visita na aula da nai dunha nena, Sabela.
Co gallo de que estaban a impartir as bacterias, os fungos...esta nai provista dun microscopio veu mostrarlle distintas bacterias, protozoos, paramecios.
A experiencia resultou do máis interesante pois eles ficaban espantados ao ver algo da súa boca alí plasmado, algo que estaba na súa man,...Sobre todo lles chamaba a atención como se agrandaba, como ía medrando...Para iso dispúxose de dúas sesións de aula e o alumnado ía acudindo a unha aula adxacente á súa. Ao iren así de poucos en poucos podían aproveitar mellor a actividade.



domingo, 12 de febrero de 2017

EDUCACIÓN FÍSICA NO FARO DAS ROCHAS

Como facía bo tempo, os alumnos de 3º de Educación Primaria recibiron a súa clase de Educación física no Faro de Rochas.
Unha maneira diferente de disfrutar da paisaxe e do entorno do noso cole. Que sorte ten este Centro!
O profe Dani fai moito exercicio cos nenos e nenas e aproveita a ocasión ( se o tempo o permite) para visitar as praias cercanas ao noso cole. 
Quedaron moi satisfeitos!

PRÓXIMA SAÍDA

Aínda quedan alumnos do cole para realizar esta visita. Xa vos contaremos nunha próxima entrada.

VISITA AOS GUERREIROS DE TERRACOTA

Non te perdas estas fotos onde facemos un repaso das interensantísimas cousas que aprendimos deste colosal exército inmortal, así como doutros aspectos da súa cultura e da vida cotiá!

viernes, 3 de febrero de 2017

ENCONTRO CON ANA ALCOLEA

O  2 de febreiro tivo lugar na biblioteca o encontro do  alumnado de 2º curso coa escritora Ana Alcolea coa que compartiron moitas reflexións sobre o seu libro " El abrazo del Árbol".

http://www.anayainfantilyjuvenil.com/libro.php?codigo_comercial=1556177