martes, 15 de noviembre de 2016

SAMAÍN AULA 2º CURSO PRIMARIA

Así pasamos os momentos previos e os posteriores ao Percorrido do Medo!
SAMAÍN AULA 2º CURSO PRIMARIA on PhotoPeach

viernes, 11 de noviembre de 2016

O OUTONO EN PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA




Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria traballaron durante o mes de outubro na elaboración dunha exposición conxunta na que puideron aprender os froitos típicos da estación na que nos atopamos.

Entre todos acadaron ambientar un outonal corredor compartido con cabazas, castañas, noces, abelás, millo, landras... e ata un sabroso marmelo feito por unha colaboradora avoa!

Ademáis, os máis maoires (os nenos e nenas de segundo) incorparon ao carón de cada un dos froitos a súa etiqueta correspondente co nome nos tres idiomas que estudamos no noso Cole Plurilingüe.


Bo traballo nenos e nenas!










jueves, 27 de octubre de 2016

EDUCANDO CON CANS

E de novo este curso seguimos gozando coa visita de BRONCE, a cadela do programa "EDUCANDO CON CANS" do Concello de Vigo.                   

 Sabiades que o debuxo desta camiseta foi feito por un alumno do Ceip Ría de Vigo? Poi si, o gañador foi ABRHAM, alumno de 2º de Primaria. NORABOA!

Engadimos agora unhas fotos da visita de Bronce a aula de segundo.




domingo, 16 de octubre de 2016

DISCAMINO NO COLEXIO!!

  O xoves día13 de outubro, tivemos unha visita moi especial no colexio, grazas a Silvia, a conserxe do cole. O alumnado de 6º tivo a sorte de disfrutar duns momentos tan emotivos que ademáis serviulles para darse conta de moiiiitas cousas...ufff foi increible escoitar as palabras de Javier Pintillas sobre o Discamino destes últimos anos!!!!


   Para saber máis aquí tendes unhas imaxes que reflexan usos momentazos!!