jueves, 14 de mayo de 2015

UNS MAIOS CON SORPRESA!!!

O alumnado de 4º de E.P. fixeron unha excursión ao Centro de Día "Parque Castrelos" onde compartiron sorrisos cos maiores facendo un maio. Fixeron o maio só con fiuncho e fixeron moitos colares para adornalo. Colocámoslle as flores que nós mesmos levamos. Ao fin quedou un fermoso maio. Tod@s arredor del adicámoslle marabillosas coplas. @s maiores axudáronnos recitando o retrouso acompañado de moitas palmas. Que ben o pasamos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario