domingo, 5 de marzo de 2017

ENTROIDO 17



Este ano, o entroido estivo adicado as SETE MARABILLAS. Se queredes ver o ben  que o pasamos, mirade a seguinte presentación.







ENTROIDO 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker



Podedes visitar o blog da Anpa, o de Educación Infantil e o da Biblioteca se queredes ver mais fotos do ENTROIDO.

martes, 21 de febrero de 2017

Escola nas ondas


ESCOLA NAS ONDAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


O alumnado de sexto participou no programa de "Ponte nas Ondas" que esta vez lles ofreceu nas  aulas un curso de audio-radio co programa auda-city no que o alumnado pudo practicar dicción, entoación e  interpretación... O alumnado asistiu con moita ilusión así como o seu mestre  guiados pola man do profesor que lles impartía o cursiño, Damián. 

lunes, 20 de febrero de 2017

CARREIRA SAN MIGUEL

Un ano mais os alumnos do Ceip Ría de Vigo participaron na Carreira de San Miguel de Oia. A pesar do día chuvioso, divertíronse moito. E sobre todo, e o mais importante,disfrutaron xuntos.
 Noraboa!!


OS GUERREIROS DE TERRACOTA EN PRIMARIA


TERRACOTA PRIMARIA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Por fin, xa fixemos a visita aos GUERREIROS DE TERRACOTA. Foi impresionante. Os alumnos quedaron abraiados con toda a historia. Mirade o video e poderedes comprobar que ben o pasamos.

martes, 14 de febrero de 2017

APRENDENDO A SER CIENTÍFICOS

O alumnado de 4º de primaria recibiu a visita na aula da nai dunha nena, Sabela.
Co gallo de que estaban a impartir as bacterias, os fungos...esta nai provista dun microscopio veu mostrarlle distintas bacterias, protozoos, paramecios.
A experiencia resultou do máis interesante pois eles ficaban espantados ao ver algo da súa boca alí plasmado, algo que estaba na súa man,...Sobre todo lles chamaba a atención como se agrandaba, como ía medrando...Para iso dispúxose de dúas sesións de aula e o alumnado ía acudindo a unha aula adxacente á súa. Ao iren así de poucos en poucos podían aproveitar mellor a actividade.



domingo, 12 de febrero de 2017

EDUCACIÓN FÍSICA NO FARO DAS ROCHAS

Como facía bo tempo, os alumnos de 3º de Educación Primaria recibiron a súa clase de Educación física no Faro de Rochas.
Unha maneira diferente de disfrutar da paisaxe e do entorno do noso cole. Que sorte ten este Centro!
O profe Dani fai moito exercicio cos nenos e nenas e aproveita a ocasión ( se o tempo o permite) para visitar as praias cercanas ao noso cole. 
Quedaron moi satisfeitos!

PRÓXIMA SAÍDA

Aínda quedan alumnos do cole para realizar esta visita. Xa vos contaremos nunha próxima entrada.